Fatehpur Sīkri
Fatehpur Sīkri
Cidade do estado de Uttar Pradesh, India, ao SO de Āgra (117.203 h [1991]). Foi capital do imperio mogol. Fundada polo Emperador Akbar (1569) e abandonada en 1585, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade (1986). Conserva numerosos monumentos de estilo indo-musulmán entre os que destacan o palacio Panch Mahal e a mesquita de Jami Masjid.