Felipe

Felipe

Familia de prateiros activa en Santiago de Compostela no ss XVI e XVII. Sebastián Felipe (?-1592), foi fillo do prateiro de orixe portuguesa Duarte Cedeira o Vello. Realizou no período 1581-1584, entre outras obras, cruces procesionais para San Martiño de Liñaio (Negreira) e para o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos (Lousame). En 1582 fixo unha cruz, un anel de prata e un cáliz, cos que se enterrou o arcepispo J. del Yermo, e en 1584 elaborou cálices, xunto con Rodrigo de Pardiñas, para a igrexa de pobres do arcebispado. O seu fillo Sebastián Felipe , realizou cruces procesionais para, entre outras, as igrexas de San Xiao de Arnois (A Estrada), Santa María de Gándara (Zas) e San Miguel de Vilar (Touro). Traballou para o Hospital Real e para a catedral compostelá.