Flora

Flora
[ASTRON]

Asteroide número 8 do catálogo. Foi descuberto polo astrónomo británico John Russell Hind (1823-1895) desde Londres o 18 de outubro de 1847. A súa órbita ten unha excentricidade de 0,157, e o semieixe maior vale 2,201 UA. Ten un período de revolución de 1.193 días e a súa magnitude media é de 8,9.