fular
fular
(< fr foulard)
-
s
m
-
[TÉXT]
Tea de seda con ligamento de tafetá, moi lixeira e, xeralmente, estampada en diversas cores, que se usa para panos de man, chales, etc.
-
[INDUM]
Pano que se pon no pescozo, sobre todo o de tea de fular.
-
[TÉXT]
-
s
m
[TÉXT]
Máquina composta dunha ou máis cubetas ou caixas e de dous, tres ou catro cilindros corredizos, que serve para impregnar un tecido ao ancho cun baño de tinte, un material de apresto ou con outras substancias. O fular vai seguido case sempre de secadores ou máquinas para diferentes tratamentos, ou ben forma parte de trens de máquinas para o tinte e acabado.