fulbe
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo fulbe.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo fulbe.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo africano de relixión islámica disperso por África desde Sudán ata Senegal. A súa orixe parece ser nubio-etiópica e suponse que deberon atravesar o actual deserto conducindo o seu gando cara ao III mileno a C. Tralo seu establecemento no Fouta Toro, no baixo Senegal, durante o s IX comezaron un proceso de sedentarización. Cara ao s XIV estenderonse cara ao L, por Macina, Nixeria e Adamauá, foron islamizados e constituíron importantes grupos aristocráticos en diversas rexións de África central e occidental. O imperio fulbe de Macina, que se independizou con Ahmahul (1810-1904), foi destruído no 1862 polo exército takurí de Hagg ‘Umar. Os fulbes de Nixeria iniciaron unha guerra santa baixo o mando de Usmanu dan Fodio, na que someteron os hausas (1804) e fundaron o estado de Sokoto, que persistiu ata a ocupación británica (1904). Mentres, en Adamauá, tamén acadaron a independencia en 1805 e conservárona ata que os ingleses e os alemáns se repartiron o territorio en 1900. A súa economía tradicional centrouse na comercio seguindo as rutas que empregaran orixinalmente como pastores nómades. Malia que a maior parte da poboación é sedentaria, perviven algúns grupos nómades que conservan os costumes tradicionais e a relixión animista.
-
s
m
[LING]
Lingua que pertence á familia atlántico occidental do phylum níxer-congo que fala o pobo fulbe. Os documentos máis antigos son do s XVII. Escríbese en alfabeto árabe cando se usa por motivos relixiosos, debido a que case todo o pobo fulbe é musulmán, pero tamén se escribe en alfabeto latino, que pouco a pouco vai desprazando o árabe. OBS: Tamén se denomina fulfulde.