Giugliano in Campania

Giugliano in Campania

Cidade da provincia de Nápoles, na Campania, Italia (91.265 h [2001]). Situada nos contrafortes setentrionais dos Campi Flegrei, cultívanse de forma intensiva hortalizas, froiteiras e viña. É unha área residencial para os traballadores de Nápoles. Do seu patrimonio cultural destacan o foro de Liternum, os restos romanos de Casacelle, as igrexas de San Nicola (ss XIII-XIV) e de Santa Sofia (s XVII) e o palacio Pinelli Duchi.