glicol
glicol
(< glic- + -ol)
s
m
[QUÍM]
Calquera dos compostos que teñen dous grupos hidroxilo unidos a átomos de carbono distintos dunha mesma cadea alifática. Os glicois de baixo peso molecular son líquidos estables, moi higroscópicos; os de alto peso molecular son substancias non volátiles e a súa consistencia oscila entre a dun líquido e a dunha cera. Os glicois reaccionan con facilidade e producen ésteres, éteres e acetais. Empréganse moito na industria automobilística, téxtil e do petróleo, como explosivos e en farmacia. O máis importante da serie é o etilenglicol.