glicolípido

glicolípido

(< glico- + lípido)

s m [BIOQ]

Calquera dos lípidos que se caracteriza polo feito de ter un azucre; este, no caso dos cerebrósidos, é xeralmente a galactosa, e nos gangliósidos, un trisacárido ou un tetrasacárido. Atópanse principalmente no cerebro, formando parte das membranas biolóxicas, e a súa función relaciónase coa transmisión de impulsos na sinapse. Os glicolípidos das plantas son glicéridos onde o azucre máis común é a galactosa, e son os compoñentes lipídicos principais nos cloroplastos.