glicósido

glicósido
  1. s m [BIOQ]

    Nome xenérico dos compostos que se constitúen por un azucre que se une a un radical non carbohidratado mediante un enlace acetálico, que se denomina enlace glicosídico. Poden derivar da glicosa; nestes compostos a glicosa únese a un alcohol polo seu hidroxilo hemiacetálico, este enlace tamén se pode facer co alcohol doutro azucre, o que dá lugar aos disacáridos, trisacáridos, etc. Tamén poden derivar da galactosa (galactósidos), etc. Non presentan mutarrotación. Denomínanse O-glicósidos se o enlace se pode dar entre un azucre e un alcohol ou un ácido carboxílico (esterglicósidos), e N-glicósidos se se orixinan por deshidratación entre o hidroxilo hemiacetálico e un grupo HN; entre estes últimos existen os nucleósidos e os polinucleótidos.

  2. glicósido cardíaco [MED]

    Cada un dos produtos naturais de estrutura glicosídica que teñen o mesmo esqueleto fundamental ca os esteroides. Empréganse no tratamento do fallo cardíaco conxestivo.

Palabras veciñas

glicorraquia | glicosa | glicosado -da | glicósido | glicosuria | glicoxelatina | glicoxénese