Gniezno

Gniezno

Cidade do voivodato de Wielkopolskie, Polonia (63.500 h [1981]). Situada nunha rexión lacustre, é o centro comercial dunha área agrícola con cultivos de cereais, patacas e remolacha. Fundada no s VII, converteuse durante a Idade Media na capital política e relixiosa de Polonia. Atacada no s XVII polos suecos, foi prusiana entre 1793 e 1918 e alemá entre 1939 e 1945. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral gótica (s XIV), as rúas Chobrego e Tumska, e a praza Rynek.