Godwin, William

Godwin, William

Teórico inglés do anarquismo. Formado no Hoxton Presbyterian College, foi pastor protestante (1778-1783). Considerado un dos precursores do anarquismo, propugnou a desaparición dos gobernos e da propiedade privada e a creación dunha sociedade baseada na razón e na xustiza. Tiña unha confianza ilimitada na perfectibilidade infinita do ser humano e no avance da razón, que considerou o medio para acabar coas desigualdades sociais. Das súas obras destacan Enquiry into Political Justice (1793), Memoirs of the Author of a Vindication of the Rights of Women (1798), Mandeville (1817) e Cloudesley (1830).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Wisbech

  • Deceso

    Lugar : Londres