Gombrowicz, Witold

Gombrowicz, Witold

Escritor polaco. De tendencia vangardista, colaborou na revista Kultura. Só coñecemos tres textos dramáticos seus, Yvonne, Princesa de Borgoña (1938), onde recrea o modelo dunha comedia de salón cunha marcada tonalidade existencialista, O casamento (1953), escrito como unha traxedia de Shakespeare, e Opereta (1966), co formato dun drama histórico do s XX. Da súa produción tamén destacan Ferdydurke (1937), Trans-Atlantyk (1953), Pornografia (1960) e Kosmos (1965). Recibiu o Prix International de Littérature (1967).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Maloszyce, Opatów

  • Deceso

    Lugar : Vence