Gómez de Giráldez, Diego

Gómez de Giráldez, Diego

Pintor. Coñecido como Diego de Giráldez, tratou de conxugar o naturalismo, a abstracción e o surrealismo. O seu realismo caracterízase pola perfección formal, a exquisita factura, o tratamento lumínico e unha póetica misteriosa e onírica coa que representa uns obxectos que, aínda que son inanimados, parecen ter vida. Os temas das súas obras son sinxelos; cultivou o bodegón, con froitas, produtos hortícolas e animais de granxas, a pintura relixiosa e o retrato, no que reflicte o seu interese pola anatomía. Comezou a expoñer en 1976 en Vigo e desde 1977 fóra de Galicia, especialmente en Catalunya, onde acadou un gran prestixio. A súa obra está, entre outros, no Museo Provincial de Lugo, no Museo de Pontevedra, no Museo de Ciudad Real, no Museo de La Rioja, no Museo de la Academia de Infantería de Toledo e no Museo de Arte Contemporánea do Cairo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Cañiza