Gómez de Soutomaior, Sueiro
Gómez de Soutomaior, Sueiro
Nobre, mariscal de Castela, e señor das fortalezas e terras de Rianxo, Lantaño, San Tomé, Portonovo, Vilamaior, Carril e A Insua e das terras de Posmarcos, Tabeiros, Cela e Sobrán, fillo de Paio Gómez de Soutomaior. Serviu a Xoán II e en 1445 fíxose cargo da defensa das vilas de Pontevedra e Vilanova de Arousa. En 1451 enfrontouse co arcebispado de Santiago polas rendas da igrexa de Santo Adrián de Vilariño (Cambados). Durante a Guerra de Sucesión pola Coroa de Castela apoiou a Isabel e interveu nos cercos de Pontevedra e Santiago e na toma da Coruña. Foi sepultado, xunto co seu pai, na capela de San Tomé do mosteiro de San Domingos de Pontevedra.
Cronoloxía
-
Deceso