Gómez Franqueira, Euloxio

Gómez Franqueira, Euloxio

Empresario, mestre e político. Mestre en Castrelo de Miño, foi nomeado concelleiro (1954) e alcalde. Impulsor do cooperativismo agrario ourensán, en 1945 foi xerente da Unión Territorial de Cooperativas Orensanas (UTECO), desde a que creou as Cooperativas Orensanas (COREN). Como apoio financeiro, fundou a Caja Rural (1961). Foi procurador pola representación familiar de Ourense durante a IX e X lexislaturas (1967-1977) e deputado por Ourense no Congreso nas lexislaturas constituíntes, I e II (1977-1986), pola UCD. En 1983 colaborou no nacemento de Coalición Galega.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cenlle

  • Deceso

    Lugar : Ourense