Gómez Pacios, Luís

Gómez Pacios, Luís

Pintor e escultor. Coñecido como Pacios, foi debuxante no Servicio Topográfico Español e profesor na Escola de Artes e Oficios de Lugo. A súa obra pasou por unha etapa impresionista e outra cubista. Cultivou o óleo e a acuarela e os temas tradicionais. Realizou un mural para a sede de Caixa Galicia en Lugo (1971) e outro para o Centro Galego de Zaragoza (1979). Realizou exposicións individuais en Lugo, A Coruña e Madrid, e participou na I Bienal Nacional de Pontevedra (1971) e na II Bienal Rexional de Pontevedra (1972). A súa obra está no Museo Provincial de Lugo, no Museo de Pontevedra, no Museo de la Casa de Goya en Fuendetodos, no Museo de Grabado de Bos Aires e na Fundación Torot de Nova York.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lugo

  • Deceso