Gómez Rivada, Xosé Luís
Escultor e pintor. Coñecido como Xosé Rivada, evolucionou dende a abstracción ata a figuración. A súa obra pode cualificarse de expresionista, conceptual e matérica. Fundou a revista e colectivo de artistas Toxo Verde e a escola de Hojalatería Artística do concello de Vilardevós. Das súas obras destacan as esculturas públicas Maternidad (Nogueira de Ramuín, 1996), Castiñeiro (Vilardevós, 1999) e Fonte (Poio, 2002). Como artista gráfico colaborou en El arte del movimento (1992) de O. Bárcena, e El rincón de mis versos (1993) de L. Bouzas, e publicou Simplemente Eu (1991). Realizou numerosas exposicións individuais e participou, entre diversas mostras colectivas, en Galicia, Portugal, México e Barcelona. Recibiu o Primer Premio da V Bienal de Primavera de Salto (Uruguay, 1994).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rivera