Gómez Rodríguez, Luz María
Actriz. Coñecida como Luma Gómez, estudiou na Escola Superior de Arte Dramática de Córdoba. Iniciou a súa carreira profesional en Madrid, onde participou en diversos espectáculos do grupo Pequeño Zoo (1970-1977). De volta en Galicia participou en espectáculos de Teatro Antroido (Laudamuco, señor de ningures), Teatro Andrómena (Lenta Raigame) ou Teatro do Estaribel (Bailadela da morte ditosa). Co CDG traballou en Woyzeck, Os vellos non deben de namorarse, O enfermo imaxinario, As alegres casadas, Un soño de verán, Valle-Inclán 98 ou Eu estaba na casa e agardaba que viñese a chuvia. Con Producións do Nororeste fixo Medea, Rei Lear e Os xustos. É administradora da compañía Teatro do Noroeste, coa que interveu en A gran noite de Fiz, Galileo Galilei, As vodas de Fígaro, Macbeth, Historias peregrinas, Noite de reis, Unha rosa é unha rosa, Feirantes, A celestina, Alta Comedia ou Campo sur, e participa na dirección da Sala Iago, espazo de programación escénica permanente, de Santiago de Compostela.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol