Goncourt, Edmond

Goncourt, Edmond

Novelista, ensaísta e crítico da arte francés. Dedicouse á literatura e á arte xunto co seu irmán Jules Goncourt (París 1830 - 1870). Estudiaron a historia do s XVIII, entre outras obras, en Histoire de la société française pendant la révolution (1851) e Portraits intimes du XVIII siècle (1857). Precursores do naturalismo, en 1860 iniciáronse na novela con Charles Demailly, seguida de Soeur Philomène (1861) e doutras ata que, ao morrer Jules, o seu irmán continuou con Fille Elisa (1877), Les frères Zemgano (1878) e Chérie (1884). Cultivaron tamén o teatro e dedicáronse á crítica e ao estudo das artes plásticas. En El Journal des Gouncourt (1856-1859) recóllense ensaios, noticias e impresións literarias e artísticas que comezaron a escribir o 2 de decembro de 1851; morto Jules, fundou a Acadèmie Goncourt.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Champrosay, Île

  • Nacemento

    Lugar : Nancy

  • Deceso

    Lugar : France