Gonxha Bojahiu, Agnes
Misioneira. Coñecida como Madre Tareixa de Calcuta, ingresou aos dezaoito anos na orde das Irmás da Nosa Señora do Loreto (Irlanda). As súas superioras enviárona a Darjeeling (India) en 1928, onde cursou estudios de maxisterio. En 1931 aceptou os votos de pobreza, castidade e obediencia, e cambiou o seu nome polo de Tareixa en homenaxe a unha carmelita francesa. En 1937 tomou os votos finais e once anos despois recibiu autorización de Roma para percorrer as rúas de Calcuta sen perder a súa condición de monxa. En 1950 a diocese de Calcuta aprobou as actividades da súa congregación, as Misioneiras da Caridade, e en 1952 abriu a Casa de Moribundos Indixentes Nirmal Hriday, en Kalighat, que estendeu a todos os continentes. Recibiu o premio Xoán XXIII da Paz (1971) e en 1979 foille outorgado o Premio Nobel da Paz. En 2003 foi beatificada.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Skopje -
Deceso
Lugar : Calcuta