González Álvarez, Manuel
Guionista e investigador cinematográfico. Licenciado en Psicoloxía, participou na formación de varios cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Entre 1979 e 1982 foi director do I.F.P Allariz, onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola de Galicia. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a televisión autonómica. Así mesmo, levou a cabo numerosos traballos de investigación no terreo da historia do cine, dos que destacan a catalogación e recuperación de material audiovisual galego producido por emigrantes en América. Tamén escribiu numerosos artigos e o libro Documentos para a Historia do Cine en Galicia 1970-1990.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Rúa