González Bravo, Luis
González Bravo, Luis
Político e xornalista. Afiliado ao progresismo radical, fundou o diario satírico El Guirigay, no que escribía baixo o pseudónimo de Ibrahim Clarete. Deputado en Cortes (1841), opúxose á rexencia de B. Espartero e participou activamente nas revoltas de Barcelona (1842) e Torrejón de Ardoz (1843). Tras acceder á xefatura do goberno moderado (1843-1844), iniciou unha política de corte autoritario, polo que foi destituído en abril de 1844. Nomeado embaixador en Portugal (1844-1846) e posteriormente ministro da Gobernación (1866-1868) do gabinete de R. M. Narváez, fíxose cargo da presidencia do goberno trala morte do xefe de gabinete (abril de 1868). Exiliado a Biarritz trala revolución de setembro, adheriuse ao carlismo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cádiz -
Deceso
Lugar : Biarritz