González Gómez, Xoán Xesús
Escritor. Residente en Barcelona desde 1966, onde traballa como produtor de programas de Radio Nacional de España, colaborou na prensa escrita. Da súa produción destaca Antoloxía da poesía surrealista de expresión francesa (1981), Ucronía. Os anos agochados de Manuel-Antonio (1988), co pseudónimo de Carlos Posada, Álvaro Cunqueiro, tradutor (Premio Literario Ánxel Fole, 1990), Manifesto das vangardas europeas (1995), Teatro e surrealismo (1999), O Teatro de Charles Baudelaire. Proxectos. (2000), Unha montaxe de “Os vellos non deben de namorarse” en español (2001), A lingua secreta (2002) e A novela policial (2002). Así mesmo, traduciu Antígona (1989), de Salvador Espriu; Poncio Pilatos (1992), de Roger Caillois; O tesouro dos Xesuítas (1996), de Louis Aragón e André Bretón; Nun pregue de veludo (2001), de Alexandre Ballester; Desertos (2002), de Josep Pere Peyró; e O vendedor de cacahuetes (2002), de Joan Guasp.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Rúa