González i Pellicer, Juli
Escultor. No taller paterno aprendeu a forxa e a ourivería. Co seu irmán Joan González i Pellicer (Barcelona 1868-1908), pintor e escultor, trasladouse a París. En 1927 comezou a dedicarse de cheo á escultura en ferro e atopou solucións lineais para os problemas de masas na escultura de pranchas retalladas, das que destacan Pequeña maternidad retallada (1927) e Roberta al sol (1927). Cara a 1930 fixo unha serie de máscaras, entre outras, Pequeña máscara de don Quixote (1930), Cabeza del tío Joan (1930), La Montserrat (1932) e Máscara, sombra y luz (1934-1935), obras nas que inseriu solucións pitóricas do cubismo. No seu camiño cara á abstracción realizou unha serie de obras filiformes, entre outras, El arlequín (1930), Gran maternitad (1930-1934) e Màscara de Montserrat gritando (1936), nas que recolleu o impacto do surrealismo. Cara a 1934 retornou á tradición figurativa, ao tempo que facía obra abstracta con ferro e apuntes e debuxos coloridos, entre outros, El encapuchado (1934) e El religioso (1941-1942). As súas obras posteriores La Montserrat (1936-1937), El hombre gótico (1937) e as series de Hombres-cactus (1939-1940) revelaron o horror da guerra.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso
Lugar : Arcueil, île de France