González Pérez, Clodio
Etnógrafo. Centrou as súas investigacións na historia, a etnografía e no humor gráfico galego. Asesor da EGU, é secretario da sección de Etnografía e Folklore do Instituto P. Sarmiento de Estudios Galegos, vogal da xunta rectora e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, na sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e da xunta rectora da Fundación Castelao. Colaborou en xornais e revistas e das súas obras destacan San Pedro de Angoares. Módulo para la memoria de una parroquia (l975), A festa dos maios en Galicia. Unha aproximación histórico-antropolóxica ao Ciclo de Maio (1987), As festas cíclicas do ano (1992), A coca e o mito do dragón (1993), Brión. Historia, economía, cultura e arte (1998), A festa dos maios en Redondela (1999) e Eladio Rodríguez González (2000). Recibiu o premio do Concello de Ponteareas (1983), o Nacional de Periodismo (1983, 1984, 1985 e 1986), o de Investigación da Deputación Provincial de Pontevedra (1989 e 1994) e a Curuxa de Honra do Museo do Humor de Fene (1999).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cenlle, Ourense