González Villar, Rafael

González Villar, Rafael

Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid (1910). A súa obra evolucionou desde o eclecticismo, influenciado por Antonio Palacios, e o modernismo vienés cara ás formas racionalistas. De características modernistas son obras como o chalé Rialeda en Oleiros (1912), o edificio Castromil de Santiago de Compostela (1922-1929), destruído en 1975, e o sanatorio antituberculoso de Cesuras (1927). Acadou a simplificación formal na vila Molina da Cidade Xardín da Coruña. Adoptou o racionalismo no cine Avenida da Coruña (1937-1941). Foi colaborador literario e artístico en Acción Coruñesa e presidente da Asociación de Arquitectos de Galicia (1914), do coro Cantigas da Terra (1919), do Círculo de Artesanos (1923) da Academia Provincial de Bellas Artes. Foi membro da Real Academia Galega. Recibiu unha medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes, unha mención honorífica no concurso de proxectos do Chicago Tribune (1922) e un premio polo proxecto de monumento a Curros Enríquez.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso