González-Besada Mein, Augusto

González-Besada Mein, Augusto

Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1884). Afiliado ao Partido Conservador, ocupou varios cargos como gobernador de Pontevedra e da provincia da Coruña, subsecretario de Facenda, conselleiro de Instrución Pública e deputado, representando o distrito de Cambados (1899-1907, 1918-1919) e o de Lugo (1916-1918). Foi nomeado por R. Fernández-Villaverde ministro de Facenda (1903) e ministro de Gobernación (1905), e co goberno de A. Maura ocupouse dos ministerios de Fomento (1907-1908) e Facenda (1908-1909, 1918). Colaborou en prensa e publicou estudios sobre temas literarios e económico-políticos, como Cuadro de la literatura gallega en los siglos XIII y XIV (1886), Historia crítica de la Literatura Gallega. Edad Antigua (2 volumes, 1887) e Memoria sobre el proyecto de Ley de Colonización Interior (1919). Foi membro da Real Academia de la Lengua Española, da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas e da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tui

  • Deceso

    Lugar : Madrid