Gonzalo de Mondoñedo, san ou Gonzalo Arias

Gonzalo de Mondoñedo, san ou Gonzalo Arias

Bispo de Mondoñedo. Coñecido como o Bispo Santo, a lenda refire que, incapaz de defender as terras do seu dominio na Mariña Lucense (966?) fronte ao ataque da escuadra comandada polo duque Ricardo I de Normandie, púxose a rezar; a axuda divina non tardaría en chegar en forma dunha forte tempestade que ocasionaría o afundimento da flota viquinga. Historicamente, a súa identidade non está plenamente documentada. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.