Gordias
Gordias
[MIT]
Rei de Frixia. Fundou a cidade de Gordio e tivo un fillo con Cibeles, Midas. Conta a lenda que Gordias ataba o temón do seu carro ao xugo cunha corda que ninguén podía desatar. Mesmo se prometera o imperio de Asia a quen o conseguise, pero só Alexandre o Grande, que coñecía o oráculo, foi quen de desfacer o nó gordiano cortándoo cunha espada.