Gordion
Gordion
Antiga cidade de Asia Menor á beira do río Sangarios, a uns 80 km de Ancara. Foi a capital do Reino de Frixia ata que os cimerios a incendiaron no s VIII a C. Reconstruída polos aqueménidas (547 a C), foi destruída de novo polos gálatas (189 a C). Alexandre o Grande visitouna en 333 a C e, logo de desfacer o nó gordiano, afrontou o oráculo que prometía, para quen o desfixese, o dominio de Asia.