gornición
(< xerm *warnjan ‘prover’)
-
s
f
-
Conxunto de cousas que adornan ou complementan algo.
Ex: O vestido levaba unha gornición de colgantes de acibeche. As cortinas facían de gornición das grandes ventás.
Sinónimos: guarnición. Confrontacións: adorno. -
[ALIM]
Conxunto de legumes ou hortalizas que acompañan a un prato de carne ou peixe.
Ex: De segundo comeremos tenreira guisada con gornición.
Sinónimos: guarnición.
-
-
s
f
-
Elemento que protexe ou recobre algo.
Ex: Cambiáronlles as gornicións ós marcos das portas.
Sinónimos: guarnición. Confrontacións: moldura. -
[CONSTR]
Revestimento co que se cobren as paredes ou os muros dunha construción.
Sinónimos: guarnición. -
[BÉL]
Defensa que se puña ao redor da empuñadura dos sabres, espadas e dagas, para preservar a man dos golpes do contrario.
Sinónimos: guarnición.
-
-
s
f
Engaste no que se engarzan as pedras preciosas.
Sinónimos: guarnición. -
s
f
[BÉL]
Tropas acuarteladas nunha poboación ou praza forte para a súa defensa.
Sinónimos: guarnición. -
s
f pl
Conxunto de correaxes que se lle poñen ás cabalerías para montalas, cargalas ou tirar dunha carruaxe.
Sinónimos: guarnición.