Gorrión, El

Gorrión, El

Diario liberal editado na Coruña a partir de febreiro de 1821. Cesou a súa edición o 30 de abril de 1821 (nº80). Fundado e dirixido por Antonio Mª Pereira, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Pascual Arza. Nos seus artigos políticos denunciaba, sobre todo, as actuacións irregulares do concello da Coruña, polo que foi levado ante o Xurado de Imprenta, que funcionou por primeira vez para atender este caso.