grade
(< lat crate)
-
s
f
[ETN]
Apeiro de labranza formado por unha especie de grella grande de madeira ou ferro, cuns dentes na parte inferior, que serve para achanzar a terra e desfacer os terróns despois de labrada. Existen varios modelos segundo os lugares, pero o máis corrente é o formado por travesas, onde se encontran os dentes, postos de tal xeito que ningún pasa polo risco doutro ao poñer en movemento o sistema. A travesa dianteira ten un torno ou unha argola onde vai enganchado un pau ou unha cadea, que vai ao xugo do gando que vai tirando. Para que os dentes se adentren ben na terra, lástrase cunhas pedras grandes ou ben vai de pé sobre ela a persoa que vai gradando.
Sinónimos: agrade. -
s
f
Conxunto formado polos pés, tornarratos e o tremiñado que serve de sustento ao hórreo.