Grado

Grado

Municipio do Principado de Asturias, a 26 km de Oviedo, ao NL, no val do Nalón (11.454 h [2001]). É principalmente unha rexión agrícola (cultivos intensivos de hortalizas e de froita) e gandeira (gando bovino). Existe unha industria alimentaria e da madeira. As noticias máis antigas desta vila documéntanse en 842. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a cueva de Godulfo, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1985; o conxunto histórico da vila de Grado, declarado BIC en 1982; o palacio Miranda Valdecarnaza (s XVIII), declarado BIC en 1981; o palacio torre de Villanueva (s XVIII), declarado BIC en 1994; e o Museo etnográfico de Grado.