Grandas de Salime
Grandas de Salime
Municipio do Principado de Asturias, na comarca do Alto Navia, á beira do río Navia (1.271 h [2001]). Localízase á beira do camiño asturiano de peregrinación a Santiago. En 1945 comezaron as obras de construción do encoro de Salime, que, inaugurado en 1954, asulagou a vila homónima, capital do concello desde 1836 ata daquela.