Grandes Lagos, Os

Grandes Lagos, Os

Conca lacustre situada entre Canadá e os EE UU, distribuída entre cinco grandes lagos: Superior, Michigan, Huron, Erie e Ontario (249.000 km2). Agás o Lago Michigan, que ocupa exclusivamente territorio de EE UU, todos eles trazan a fronteira entre EE UU e Canadá. A súa orixe cuaternaria débese ás morenas frontais que quedaron formando barreira. Comunícanse entre eles por medio de comportas e canles, o que os converte nunha importante vía de navegación comercial. Entre os lagos Erie e Ontario están as cataratas do Niágara. Os lagos comunican co Atlántico polo río San Lourenzo. É moi importante a pesca, sobre todo baixo o xeo.