grandeza

grandeza

(< grande)

  1. s f

    Calidade de grande ou importante.

    Ex: A grandeza do edificio está no seu deseño innovador.

  2. s f

    Importancia que se dá unha persoa por se crer superior aos demais.

    Ex: Os seus delirios de grandeza levárono a afastarse do trato cos amigos.

  3. s f

    Honorabilidade moral que amosa unha persoa.

    Ex: A súa dedicación constante ós pobres é dunha grandeza incuestionable.

  4. s f [HIST]
    1. Dignidade de Grande de España.

    2. Conxunto dos grandes de España.

Refráns

  • A tea de araña deixa o rato e a mosca apaña.
  • Barco grande, ande ou non ande.
  • Besta grande, ande ou non ande.
  • Caga máis un boi que cen andoriñas.