Grant, Hugh Mungo

Grant, Hugh Mungo

Actor cinematográfico. Comezou como actor nunha compañía de teatro, traballo que compaxinou con papeis secundarios en varias películas. Deuse a coñecer internacionalmente en 1987 grazas ao seu papel protagonista en Maurice. A partir dese momento comezou unha carreira con distintos éxitos, na que destacan películas como Remando al viento (1988), The Big Man (1990), Bitter Moon (1992), The Remains of the Day (1993), Four Weddings and a Funeral (1993), Sense and Sensibility (1995), Notting Hill (1999), Mickey Blue Eyes (1999), Bridget Jones’s Diary (2001) e About a Boy (2002).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres