Grassé, Pierre Paul

Grassé, Pierre Paul

Zoólogo occitano. Foi profesor da Facultade de Ciencias de París, director do Laboratorie d´Evolution des Êtres Organisés (1941) e membro da Academia das Ciencias (1948). Fixo numerosos traballos sobre os ciclos e a citoloxía dos protozoos, a bioloxía e o comportamento de diversos insectos, especialmente os sociais. Entre as súas obras cabe destacar Traité de zoologie, en 25 volumes (1948-1967), e Parasites et Parasitisme e Précis de biologie animale (1957).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Perigús

  • Deceso

    Lugar : Rofiac, Dordonya