1 gravar

1 gravar

(

  1. v t

    Marcar ou debuxar algo nunha superficie por medio de cortes, presión ou reacción química.

    Ex: Gravaron unha escrava co meu nome e a data de nacemento. Gravou o debuxo coa gubia na táboa de madeira.

  2. v t

    Impresionar sinais, datos, imaxes ou sons sobre unha cinta, disco fonográfico ou magnético ou outro soporte magnético, para poderen ser reproducidos despois.

    Ex: Gravei a actuación coa cámara de vídeo OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Estragouse a disqueteira e non grava ben.

  3. v t

    Fixar algo na mente ou no ánimo, como un recordo, un sentimento ou unha idea.

    Ex: Gravou na súa cabeza aquel encontro na praia.

  4. v pron

    Quedar algo fixado na mente ou no ánimo.

    Ex: Graváronseme as súas últimas palabras.

Formas incorrectas

grabar

Palabras veciñas

gravado -da | gravador -ra | gravame | 1 gravar | 2 gravar | gravata | gravateiro -ra
Conxugar
VERBO 1 gravar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gravo
gravas
grava
gravamos
gravades
gravan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gravaba
gravabas
gravaba
gravabamos
gravabades
gravaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gravei
gravaches
gravou
gravamos
gravastes
gravaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gravara
gravaras
gravara
gravaramos
gravarades
gravaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gravarei
gravarás
gravará
gravaremos
gravaredes
gravarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gravaría
gravarías
gravaría
gravariamos
gravariades
gravarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
grave
graves
grave
gravemos
gravedes
graven
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gravase
gravases
gravase
gravasemos
gravasedes
gravasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gravar
gravares
gravar
gravarmos
gravardes
gravaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
grava
-
-
gravade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gravar
gravares
gravar
gravarmos
gravardes
gravaren
Xerundio gravando
Participio gravado
gravada
gravados
gravadas