gres

gres

(< fr grès)

s m

Tipo de cerámica dura, compacta e impermeable, obtida por cocción ata a vitrificación dunha pasta de composición variable, segundo o tipo de gres. O gres ordinario, constituído por arxila plástica refractaria, ferro e, ás veces, por sílice e feldespato, é impermeable e resistente aos axentes químicos. Emprégase na industria química para a construción de recipientes e conducións e tamén en revestimentos. O gres fino, constituído a base de caolín, cuarzo, feldespato e outros minerais, emprégase na fabricación de material sanitario, nas industrias química e eléctrica e na cerámica artística. De orixe chinesa, emprégase en Occidente desde o s XV.

Palabras veciñas

Grenier, Roger | Grenoble | grepe | gres | Gres | Gresande | Gresham, Thomas