Grisolia i García, Santiago
Médico. Estudiou medicina na Universidad de València e despois marchou a EE UU, onde colaborou con Severo Ochoa e Arthur Kornberg nas investigacións sobre os ácidos nucleicos. Foi profesor de medicina e bioquímica da Universidade de Kansas (1959), profesor visitante na Universidade de California (1960-1970), profesor e xefe do departamento de bioquímica e bioloxía molecular da facultade de Medicina da Universidade de Kansas (1962-1973), e fundador e director da Escola de Formación de Investigadores. Publicou máis de 350 traballos de investigación en revistas de prestixio internacional, con contribucións en diversos campos como a fixación do CO2 na síntese da urea, o metabolismo do fosfoglicerato, a degradación de pirimidinas (descubriu, identificou e purificou os enzimas que interveñen neste proceso), e a regulación enzimática. É doutor honoris causa pola Universidade de Kansas e a Universitat Politècnica de València. Foi proposto en diversas ocasións para o premio Nobel polos seus traballos en bioquímica e recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Investigación, Ciencia e Tecnoloxía (1990).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : València