grito

grito

(

  1. s m

    Son agudo e penetrante lanzado polo home.

    Ex: Emitiu un grito tan fondo que pareceu saírlle das entrañas.

  2. s m

    Palabra que se di en voz moi alta.

    Ex: Proferiron gritos de vitoria ó gañaren as eleccións. Non fales a gritos.

  3. grito de guerra [HERÁLD]

    Sentencia moi concisa, que adoita ser só o nome dunha familia, que servía para reunir os combatentes baixo a súa bandeira e no campo de batalla.