Grito del pueblo, El
Grito del pueblo, El
[PUBLIC]
Bisemanario republicano editado en Pontevedra a partir do 17 de xaneiro de 1901. Probablemente, cesou a súa edición o 28 de maio de 1905 (nº 259). O 12 de xaneiro de 1902 (nº 103) pasou a ser semanal e modificou o seu subtítulo polo de “Semanario republicano de Pontevedra”. O seu director e fundador foi Xosé B. Juncal Romay. Incluíu artigos políticos, novas do concello e literatura.