Gropius, Walter Adolf Georg
Arquitecto, pedagogo e crítico da arte. Discípulo de P. Behrens, realizou con Adolf Meyer os talleres Fagus en Alfeld an der Leine (1911) e un pavillón industrial na exposición do Deutsches Werkbund de Colonia (1914), considerada a derradeira obra do período de exploración da arquitectura moderna. Chamado para dirixir a Sächsische Hochschule für bildende Kunst e na Sächsische Kunstgewerbeschule, refundounas e creou a Bauhaus en Weimar (1919), que dirixiu ata 1928. Co lema “arte e técnica: unha nova unidade”, formulou en termos modernos a loita entre as vantaxes cualitativas da artesanía e as cuantitativas da industria, xunto coa estandarización. En 1934, coa chegada dos nacionalsocialistas ao poder, trasladouse a Reino Unido, onde traballou con E. Maxwell Fry, e en 1937 a EE UU. Exerceu de profesor na Graduate School of Design de Harvard, onde dirixiu a sección de arquitectura. En 1949 creou The Architects Collaborative, que actuou de modelo nos medios arquitectónicos norteamericanos. Como teórico publicou diversas obras sobre a Bauhaus.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Berlín -
Deceso
Lugar : Cambridge, Massachussetts