Grotowski, Jerzy
Director teatral polaco. Reelaborou as ideas de Stanislavski e con Ludwik Flaszen fundou en 1959 o Teatro-Laboratorio na cidade de Opole, no antigo teatro 13 Rzedów. Estreou Les chaises, de Ionesco; Caien, de Byron; Dziady, de Mickiewicz; Hamlet, de Shakespeare; Doctor Faustus, de Marlowe; El príncipe constante, de Calderón e Apocalypsis com figuris, sobre textos evanxélicos. A súa concepción e práctica teatrais quedaron definidas en Towards a Poor Theatre (1968). En 1967 abandonou a realización teatral e comezou unha nova etapa centrada no estudo das manifestacións parateatrais, desenvolvendo proxectos en diversos países do mundo, especialmente en EE UU, México ou Italia, onde creou un Centro de Investigacións. Elaborou un proxecto chamado O teatro das orixes, que estudia as técnicas corporais e a interdependencia entre a enerxía do home e a percepción do mundo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rzeszów -
Deceso