Groux, Charles-Auguste-Cornielle de
Groux, Charles-Auguste-Cornielle de
Pintor belga. Discípulo de Návez, formouse na pintura de inspiración romántica. Formou parte, xunto con Meunier, do grupo realista de Bruxelas. Das súas obras destaca La Bénédicité e Pèlerinage à Anderlecht. O seu fillo Henri-Jules Charles de Groux (Bruxelas 1867-Marsella 1930) cultivou a pintura simbolista. Instalouse en París en 1892 onde presentou o Cristo das ultraxes que o consagrou. Moitas das súas obras tratan temas wagnerianos cunha técnica descoidada e bruta. Destaca tamén polos seus escritos sobre o simbolismo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Comines -
Deceso
Lugar : Bruxelas