Grupo Cultural Galicia en Madrid
Grupo Cultural Galicia en Madrid
Nome científico:
[GRUGALMA]
Asociación cultural creada en 1983 co fin de promover o estudo e difusión da cultura galega en Madrid. O seu principal promotor foi Manuel Mourelle de Lema. Colobararon asiduamente con esta entidade, entre outros, X. F. Filgueira Valverde, A. Fraguas Fraguas, A. Meijide Pardo, B. Varela Jácome, X. L. Barreiro Rivas, F. I. González Lage, D. García-Sabell e E. Cornide Ferrant. Desde 1986, GRUGALMA diversificou as súas actividades a tres ámbitos principalmente: a organización anual dunhas Xornadas de Cultura Galega, publicación da revista Galicia en Madrid e a celebración anual dos premios Galicia en Madrid de artigos e poesía.