Grupo de Comunicación A Rúa
Grupo de Comunicación A Rúa
[COMUN]
Empresa de comunicación creada en Vigo e na que se integraron os xornais mensuais e de distribución gratuíta A Rúa Vigo, A Rúa Val Miñor e A Rúa Condado Paradanta. Está presidida por Felipe Gutiérrez Estévez. Todas estas publicación autofináncianse mediante a publicidade e inclúen noticias locais sobre actos culturais e sociais.