Guadalajara
Guadalajara
Cidade de Castela-A Mancha, capital da provincia homónima (68.248 [2001]). Situada no paso natural que comunica a Meseta e o val do Ebro, a proximidade con Madrid converteuna nun satélite industrial desta. De orixes iberos, foi conquistada polos romanos durante as campañas de Sertorio. Foi unha importante poboación musulmá do reino taifa de Toledo, e conquistárona os cristiáns en 1085. Desde o s XV estivo vinculada á casa do Infantado. Do seu patrimonio cultural destacan parte da muralla e ponte musulmana, as igrexas mudéxares de San Gil e Santa Clara (s XIV), a gótica de San Francisco (s XV) e San Ginés, con portada de A. de Covarrubias, e o palacio dos duques do Infantado.